I torneo


Venres 2 e Sábado 3 de Outubro

Pavillón Universitario da UDC


As inscripcións xa está están pechadas

O torneo


Dende VACmatch imos a organizar unha competición de 2 días de duración na que convivir con diversos clubes, xogadores e grupos de amigos que desexen disfrutar do fútbol sala.

Buscamos xente amante do deporte e das novas tecnoloxías e que comparta os nosos ideais de unir ambos campos.

A competición comezará o venres a primeira hora da tarde con unha primeira fase e seguido de eliminatorias o sábado cos mellores clasificados.

Convidaremos tamén na Coruña a outros proxectos tecnolóxicos galegos que, coma nós, pretendan mellorar e fomentar a práctica deportiva, por se resultase do voso interese.

O rexistro está pechado

Fúbol sala + Novas tecnoloxías


Inscrición electrónica

Poderás inscribir o teu equipo sen saír da casa.

Actas electrónicas

Resultados dos teus riváis en tempo real!

Apps deportivas

Proxectos galegos do mundo do deporte.

Premio

Para os gañadores, algunha sorpresa teremos!

Programa


A competición divídese incialmente en dous grupos.

O Grupo A está formado por lu&lu, Patapalos e Vodka Junior, e o Grupo B formado por Panners e Stadio Sport.

No Grupo A clasificaranse directamente os dous primeiros, e no B só o que gañe, xogándose o último posto clasificado no último encontro do venres, entre o terceiro do Grupo A e mais o que non se clasificou do B.

A planificación inicial das actividades será a seguinte, intercalando a competición deportiva coas presentacións dos proxectos.

Venres 2
Día Horario Act. pavillón interior Act. pista exterior
Venres 2 15:00 - 15:30 Benvida -
Venres 2 15:30 - 16:30 Patapalos - lu&lu Panners - Stadio Sport
Venres 2 16:30 - 17:30 Stadio Sport - Panners Vodka Juniors - lu&lu
Venres 2 17:30 -18:00 Presentación PopComp -
Venres 2 18:00 - 19:00 Patapalos - Vodka Juniors -
Venres 2 19:00 - 20:00 Partido de repesca -
Sábado 3
Día Horario Lugar Actividade
Sábado 3 10:00 - 12:00 Pavillón Semifinais
Sábado 3 12:30 - 13:30 Pavillón Final
Sábado 3 13:30 -14:00 Pavillón Entrega de premios

Onde vai ser?


No Pavillón Universitario da Universidade de A Coruña, situado no Campus de Elviña. Ver nun mapa máis grande

Proxectos


Os máis interesantes proxectos galegos do ámbito deportivo contarán o que fan para mellorar a saude no deporte e fomentar a práctica deportiva. Igual vos facedes usuarios das súas Apps ;)

Colaboradores


Quén somos?


VACmatch é unha pequena iniciativa emprendedora que busca modernizar a xestión de competicións deportivas das pequenas ligas e federacións.

vacmatch.com

Tes algúna dúbida?


Non sabes cómo chegar ou non entendes cómo vai o tema. Se tes algunha dúbida ou problema, ponnos un tweet ou escríbenos sen medo!